27 de xuño de 2018
No caso de que se requira documentación para completar a solicitude, o prazo de presentación de documentación é ata o 17 de xullo
As listas provisionais pódense consultar no Taboleiro de Edictos municipal e descargando o documento que se atopa ao final desta noticia. Neste documento, detállanse as presonas interesadas ás que se lles require documentación, as que presentaron a documentación completa e as que teñen a bolsa comedor denegada e o motivo de denegación.
As persoas interesadas teñen un prazo de 10 días hábiles para presentar a documentación requirida nas oficinas do Rexistro municipal situadas na praza de María Pita, nº 1, no Fórum Metropolitano (rúa Río de Monelos, nº 1) e no Centro Ágora (Lugar da Gramela, nº 17).
O prazo para presentar a documentación requirida é ata o 17 de xullo.
En caso de non presentala dentro deste prazo, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude de bolsa comedor para o curso 2018/2019.
No caso de que as persoas interesadas non estean de acordo coa denegación da bolsa comedor e o motivo polo cal se denega, poderán presentar alegacións unha vez que se publiquen as listas predefinitivas. O momento de presentar calquera alegación ás listaxes de bolsa comedor será nun prazo de 10 días hábiles tras a publicación das listaxes predefinitivas. De facelo agora, tras a publicación das listaxes provisionais, as alegacións non estarían dentro de prazo.
As solicitudes do alumnado do IES de Elviña aparecen coa información en branco debido á ausencia de comedor no centro educativo para o curso escolar 2018/2019. Estas solicitudes requirirán unha tramitación específica. No momento no que se publiquen as listaxes predefinitivas da bolsa comedor 2018/2019, darase máis información sobre este procedemento.
16 de maio de 2024
7 de maio de 2024
6 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible