Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Domiciliación bancaria con plan de pago personalizado

O Plan de Pago Personalizado é unha modalidade de pago a través da cal se poderán facer efectivas, anticipada e fraccionadamente, determinadas débedas tributarias de vencemento periódico incluídas nun plan de pago, domiciliándoas nunha entidade financeira. No caso de que a persoa solicitante inclúa neste sistema o Imposto sobre Bens Inmobles e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica será bonificada, nestes impostos, cun 3% sobre a cota íntegra.

Tributos acollidos ao Plan de Pago Personalizado

De acordo co artigo 20.6 c) da Ordenanza Xeral de Recadación os tributos de vencemento periódico que se poden acoller ao Plan de Pago Personalizado son os seguintes:

  • Imposto sobre Bens Inmobles
  • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica
  • Imposto sobre Actividades Económicas
  • Taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos de locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos
  • Taxa pola entrada de vehículos desde a vía pública a edificios, locais e soares e das reservas de vía pública para aparcamento, carga, descarga e outras actividades en interese particular

Requisitos

  • Formular a solicitude no impreso oficial aprobado polo Concello. Solicitude de Plan de Pago Personalizado
  • Domiciliar os pagamentos nunha entidade financeira
  • Que a/o titular dos recibos estea ao corrente no pago de débedas tributarias e demais de dereito público do Concello da Coruña.
  • Que a solicitude a realice a/o titular da conta en que se domicilie o pago.

Modalidades de fraccionamento

As cotas fraccionadas pola débedas tributarias incluídas no Plan de Pago Personalizado distribuiranse en dúas, tres, catro, cinco ou seis cotas a elección da persoa solicitante. Estes ingresos anticipados terán carácter de pago a conta e faranse efectivos nas datas que correspondan segundo o cadro seguinte:

1º pago

2º pago

3º pago

4º pago

5º pago

6º pago

2 cotas

2 cuotas

1 de marzo

1 de marzo

1 de outubro

1 de octubre

3 cotas

3 cuotas

1 de marzo

1 de marzo

1 de xullo

1 de julio

1 de outubro

1 de octubre

4 cotas

4 cuotas

1 de marzo

1 de marzo

2 de maio

2 de mayo

1 de xullo

1 de julio

1 de outubro

1 de octubre

5cotas

5 cuotas

1 de marzo

1 de marzo

2 de maio

2 de mayo

1 de xullo

1 de julio

1 de setembro

1 de septiembre

1 de outubro

1 de octubre

6 cotas

6 cuotas

1 de marzo

1 de marzo

2 de maio

2 de mayo

1 de xullo

1 de julio

1 de agosto

1 de agosto

1 de setembro

1 de septiembre

1 de outubro

1 de octubre

Como pode efectuar a solicitude?

De forma presencial nos rexistros municipais:

  • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1. C.P. 15001 A Coruña
  • Servizos Económicos. Rúa Franxa, 20. C.P. 15001 A Coruña
  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1. C.P. 15006 A Coruña
  • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña

Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.

Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Pazos de presentación de solicitudes

  • As solicitudes de acollemento ao Plan de Pago Personalizado terán efecto no período impositivo seguinte ao da solicitude e permanecerán en vigor mentres non sexan expresamente revogadas polas persoas interesadas.  
  • As modificacións do plan en vigor, tanto no relativo á conta en que estea domiciliado o pago como á modalidade de cotas, terán efecto no período impositivo seguinte ao da solicitude. Non obstante, as solicitudes que se presenten entre o 1 e o 31 de xaneiro de cada exercicio, terán efectos no mesmo exercicio no que se solicite.

Preguntas frecuentes

Podo elixir os recibos que entran no meu plan?

Non, vostede poderá elixir que tributo ou tributos inclúe na cesta, pero non pode discriminar, dentro de cada tributo, que recibos entran no Plan de Pago xa que se inclúen todos. Por exemplo, se ten 3 recibos de IBI terán que incluírse os 3, non hai opción de que poida incluír 2 e excluír 1.

Quen o solicita?

Débeo solicitar a persoa titular da conta bancaria onde se realicen os cargos, aínda que non sexa titular dos recibos.

Quen se pode acoller ao plan?

A/o titular dos recibos, xa que o cálculo de cotas realízase sobre o 95% dos recibos emitidos no ano anterior.

Pódome acoller ao plan se teño débedas co Concello?

Non, neste caso debe aboar as débedas pendentes para poder acollerse ao plan.

É conveniente acollerme ao plan se vou pedir unha bonificación?

Non é conveniente. Se solicitou unha bonificación esta non se aplicará nas cotas ata a última delas (outubro), polo que o cargo que se realice xa na primeira cota pode ser superior ao importe final para pagar.

Que pasa se non atendo a primeira cota?

Se non se atende a primeira cota (1 de marzo), queda excluído do sistema e o importe da débeda faise efectivo, sen recarga, nos períodos ordinarios de pago.

Que pasa se non atendo a última cota?

Se non atende a última cota iníciase o período executivo pola débeda pendente.

Hai cotas mínimas para acollerme ao Plan de Pago Personalizado?

Non, coa modificación da Ordenanza xeral de recadación que entrou en vigor o 29 de decembro de 2016, elimináronse as cotas mínimas.

Teño que presentar a solicitude selada pola entidade bancaria?

Se é un tributo que xa ten domiciliado abonda con que poña na solicitude que xa está domiciliado. No caso de que non o estea deberá presentar a solicitude co selo da entidade bancaria.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión