Con Javier Veiga, Marta Hazas, Carlos Sobera, Marta Belenguer e Ana Rayo
Para público en xeral
Dende o 05/05/2017 ata o 06/05/2017
Xa rematou
20.30 horas
A nova e inocente presentadora do tempo dun telexornal de máxima audiencia tamén é 'casualmente' a amante do presidente da canle de televisión. Marisol (Marta Hazas), soña con converterse en actriz. E Adolfo (Carlos Sobera) decide cumprir o soño da súa 'noiva'. Para iso contrata os servizos dun mediocre aspirante a director de cinema (Javier Veiga). Adolfo está disposto a producir unha longametraxe con Marisol como protagonista. Aínda que non está claro se quere que ela triunfe, ou que a película sexa un fracaso estrepitoso, para que Marisol, desencantada, volva aos seus brazos para seguir sendo a súa "moza do tempo" e a súa "moza pasatempo". Max intentará salvar a súa película. Marisol intentará salvar o seu soño. Antonia intentará salvar o seu traballo. A muller de Adolfo, Pilar, intentará salvar o seu matrimonio. E Adolfo... intentará salvar o seu cu. Todos ocultan algo, todos queren algo do outro e ninguén se fía de ninguén... Pero mentres tanto, empézase a rodar a película: '5 y Acción...!!!'.
Entidades
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
12/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible