Dentro da programación da Tempada Lírica organizada por Amigos da Ópera temos a este tenor que interpretará arias de ópera, acompañado ao piano por José Francisco Parra.
Para público en xeral
02/09/2016
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
20'00, 15'00, 10'00, 6'00 €
O tenor César Albelo despois dunha tempada que lle trouxo enormes éxitos en teatros como o Metropolitan de Nova York, a Deutsche Oper berlinesa, o Liceo barcelonés e o Real madrileño, o número un dos tenores españois segundo palabras de Plácido Domingo regresa á Coruña para ofrecer un concerto moi especial.
Albelo celebra os seus primeiros dez anos de compromiso coa cidade onde realizou o seu debut operístico en España. Para a ocasión, Albelo, que se considera fillo artístico de Amigos da Ópera, realizará un repaso polos títulos que cantou por primeira vez en España, precisamente aquí, como "I Puritani", "Don Pasquale", "Lucia di Lamermoor" ou "A fille du Régiment".
Venda de entradas
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Venda telefónica: 902 044 226
19/05/2024
19/05/2024
21/05/2024
23/05/2024
24/05/2024
24/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible