A Banda interpretará 'Abertura Entroido' baixo a dirección do director convidado, Javier Viceiro, e o solista de piano coruñés, Javier Ares.
Para público en xeral
11/02/2024
Xa rematou
12.15 horas
Entrada gratuíta ata completar a capacidade.
A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) encabeza as actividades do entroido coruñés cunha actuación especial, a partir das 12.00 horas no Teatro Colón. Baixo o título Unha Banda de Entroido, ofrecerá ao público asistente un repertorio singular inspirado por esta festividade.
Sobre o concerto
O director Javier Viceiro presenta un singular repertorio onde destaca a participación do pianista coruñés Javier Ares e a sinfonía nº9 de Dmitri Shostakóvich, unha sinfonía cunha ironía e un sarcasmo mordaz.
A repulsión que o músico sentía polo réxime ditatorial do seu páis plásmase neste traballo. Debía ser a Novena sinfonía soviética, pero Shostakóvich non lle puxo nin coro nin solistas, e non engadiu ningún final apoteósico; ao contrario, desde o inicio o ton burlesco provocou unha censura da obra, que non se puido gravar ata tres anos despois da morte de Stalin.
Repertorio
Artistas
29/05/2024
Dende o 29/05/2024 ata o 30/05/2024
30/05/2024
31/05/2024
01/06/2024
02/06/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible