Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A concellaría de Participación e Innovación Democrática organiza campamentos urbanos de verán para mozos e mozas de 12 a 17 anos.
-Información e solicitude de praza-
Só será adxudicado un turno de campamento por persoa
Habilitarase unha listaxe de agarda en cada un dos turnos para cubrir aquelas prazas que non teñan a inscrición formalizada ou renuncien á mesma .
Do 3 ao 5 de xuño de 2019
Confirmación de praza: as persoas admitidas deberán confirmar a aceptación da praza enviado un correo electrónico ao enderezo xuventude@coruna.es
No caso de non recibilo no prazo establecido, a partir do 6 de xuño a praza será adxudicada a seguinte persoa da listaxe de agarda.
*É preciso un mín. de 30 participantes por quenda. No caso contrario, o Concello reservase a opción de anular a oferta do turno que non acade o mínimo.
Os campamentos de verán para a mocidade buscan a interacción dos mozos e mozas coa contorna medioambiental da cidade visibilizando os recursos e o patrimonio natural existentes e favorecendo a toma de conciencia no contacto cos memos. Ademais, procuran un verán activo e dinámico no que divertirse compartindo espazos, actividades e momentos con outros mozos e mozas.
Nº de prazas: 90 (45 en cada quenda)
Periodo de realización:
Quenda 1: do 1 ao 12 de xullo de 2019 | de 9.00 a 14.00 h
Quenda 2: do 15 ao 26 de xullo de 2019 | de 9.00 a 14.00 h
*O campamento realizarase de luns a venres. Os días festivos non haberá campamento.
Tipoloxía de actividades
Multideportivas e no medio acuático: iniciación ao snorkel, kaiak, tiro con arco, propostas de deporte alternativo como kinball, floorball e ultimate, xogos deportivos na praia, deportes de equipo, etc...
Lúdico recreativas: Xogos de rastrexo e de pistas, orientación, xeocatching, obradoiros creativos, xogos de cooperación, etc...
Medioambientais: Senderismo pola contorna medioambiental, rutas de coñecemento e recollida de algas, elaboración de xogos con material de refugallo, etc...
Reunión coas familias
Finalizado o proceso de inscrición enviarase un correo electrónico para a realización dunha reunión informativa o martes 11 de xuño ás 21.00 h, no Espazo de Iniciativas Xuvenís (Rúa Matadoiro, 68)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible