Presentación do libro «Científicas. De la fuerza del rayo a la hélice de la vida», gañador do Prisma 2017 ao mellor texto inédito, seguido dunha mesa redonda con catro científicas e divulgadoras.
Para público en xeral
16/11/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar o espazo
Ás 19.30 horas
Nos últimos anos xurdiron moitas iniciativas que buscan promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, tamén no ámbito das ciencias e da tecnoloxía.
Con motivo da presentación de «Científicas. La apasionante historia de las mujeres detrás de los grandes descubrimientos de la ciencia», libro gañador do Prisma 2017 ao mellor texto inédito e que acaba de ser editado por Guadalmazán, realizarase un coloquio científico co autor, Jorge Bolívar, e con tres especialistas en divulgación e educación científica:
- Clara Grima, matemática, divulgadora científica e Prisma especial do Xurado 2018
- Carmen del Puerto Varela, xefa da Unidade de Comunicación e Cultura Científica do Instituto de Astrofísica de Canarias e presidenta do xurado dos Prismas 2018
- Águeda Gras Velázquez, directora do departamento de educación das ciencias de European Schoolnet e membro do xurado dos Prismas 2018
- Joana Castro Barros, coordinadora da Associação Viver a Ciência e membro do xurado dos Prismas 2018
Na charla falarase sobre a importancia dos referentes femininos na divulgación, as razóns polas que poucas mozas se interesan en estudos como a informática e algunhas enxeñerías ou se existe divulgación científica para homes e para mulleres.
29/04/2024
02/05/2024
Acceso libre até completar a capacidade.
16/05/2024
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible