Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: El cartógrafo

De Juan Mayorga

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/05/2017 ata o 27/05/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Duración:

130 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

Na Varsovia dos nosos días, Blanca oe a lenda do cartógrafo do gueto.

Segundo esa lenda, un vello cartógrafo empeñouse, mentres todo morría ao seu arredor, en debuxar o mapa daquel mundo en perigo; pero como as súas pernas xa non o sostiñan, como el non podía buscar os datos que necesitaba, era unha nena a que saía a buscalos para el.

Blanca tomará por verdade a lenda e lanzarase á súa vez, obsesivamente, á procura do vello mapa e, sen sabelo, á procura de si mesma.

"El cartógrafo" é unha obra - un mapa - sobre esa procura e sobre aquela lenda.

O teatro é cartografía. Coma no mapa, no escenario todo debe responder a unha pregunta que alguén se fixo. Coma no mapa, no escenario o máis importante é decidir que se quere facer visible e, polo tanto, que se deixa fóra. No escenario, coma no mapa, sempre se toma partido.

"El cartógrafo" reclama unha posta en escena que sexa, con especial intensidade, cartográfica. Dado que no seu centro áchase un acontecemento irrepresentable, a obra esixe preguntarse unha e outra vez que ofrecerlle ao ollo e que ocultarlle para que a imaxinación vexa.

Os grandes actores danlle ao ollo e á imaxinación moito con moi pouco. Blanca Portillo e José Luis García-Pérez son, no escenario, enormes cartógrafos. Alejandro Andújar, Mariano García, Juan Gómez-Cornejo, Carlos Martínez-Abarca e quen isto asina axudámoslles a trazar o mapa.

Juan Mayorga

Con Blanca Portillo, José Luis García-Pérez

Dirección: Juan Mayorga

Coprodución de: Avance Producciones Teatrales, Entrecajas Producciones Teatrales e García Pérez Producciones

Venda de entradas:

Despacho Central: praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Venda telefónica: 902 044 226

Tamén che pode interesar...

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil

    Cando:

    14/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • TRC danza: Ceibe

    Cando:

    16/05/2024

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cando:

    21/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cando:

    28/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cando:

    04/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión