Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Helena, xuízo a unha lurpia

De Miguel del Arco

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/03/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, "a bela Helena", a filla de Zeus e Contenta, a esposa de Menelao, a amante de Paris. Estamos no século XXI. Helena xa non é "a bela Helena", senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; a pesar diso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía arredor de moitos dos seus contemporáneos (Aquiles, Olieras), coa impotencia diante da crueldade da guerra...
"Quen escribe a historia?".

Helena diríxese reiteradamente a nós con esa interrogante, rexeitando a maneira en que foi contada a súa vida. Agora quere que, antes de xulgala, escoitemos a súa versión dos feitos, sorprendéndonos cun relato apaixonado, intenso, cheo de tenrura, de humor, de berro e de dignidade.

Con María Barcala

Dirección: Xúlio Lago

Teatro do Atlántico

Venda de entradas:

Despacho Central: praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Venda telefónica: 902 044 226

Tamén che pode interesar...

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil

    Cando:

    14/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • TRC danza: Ceibe

    Cando:

    16/05/2024

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cando:

    21/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cando:

    28/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cando:

    04/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión