Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Unhas poucas picadelas

De Laila Ripoll baixo a dirección de Etelvino Vázquez

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/11/2016 ata o 19/11/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

*Venda de entradas soltas a partir do 12 de setembro

Televenda:

Ticketea

En Unhas poucas picadelas, a autora profunda no terreo da violencia de xénero e, de maneira máis concreta, na violencia que exercen os homes sobre as mulleres: violencia machista. A orixinalidade da súa proposta radica en que non hai unha historia concreta ou, mellor dito, a aparente falta de historia, de narración, parece convidarnos a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asasinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas. É unha obra de imaxes contemporáneas de ánimas en pena, algunhas iluminadas polos medios de comunicación, pero a maioría, escondidas pola escuridade do anonimato.

O detonante da peza é un recorte dun xornal que narra a noticia do que foi un asasinato dunha muller por parte da súa parella, ou como se lle queira chamar a este tipo de homes. Isto deu lugar a un cadro homónimo de Frida Khalo de 1935, no que se ve unha muller tendida sobre unha cama co corpo perforado polo coitelo dun home que mira para ela. Destila o título a idea de que "non foi para tanto", vaia, que non foron máis que unhas poucas coiteladas...

Curioso, pero real. Parece que a culpa de morrer é de quen morre...

A partir dese elemento que pode parecer anecdótico, pero que non o é, a autora propón unha reflexión directa e intelixente sobre a cuestión, metendo o dedo na chaga de moitos dos tópicos que, por desgraza, seguen a amparar, ou, moitas veces a ignorar, este tipo de comportamentos violentos.

Con: Sonia Rua, Lois Soaxe

Voz: Pepa Barreiro

Dirección: Etelvino Vázquez

Compañía: Teatro de Ningures

Venda de entradas

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226 e Internet

Tamén che pode interesar...

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cando:

    21/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024

  • XXXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

    Cando:

    26/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cando:

    28/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cando:

    04/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • 1888. Señorita Xulia

    Cando:

    08/06/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión