A favor de Terra de Homes
Familias, Xuvenil, Infancia, Para público en xeral
26/03/2017
Xa rematou
12.00 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña
O próximo día 26 de marzo, domingo, ás 12.00 horas, terá lugar no Palacio da Ópera da Coruña, o Concerto a beneficio do proxecto Viaxe cara á vida, que se leva a cabo en Galicia desde o ano 2003, e que permitiu o tratamento médico de 89 nenos e nenas con enfermidades moi graves, grazas á colaboración en entidades públicas e privadas, voluntariado, familias de acollida e hospitais.
As agrupacións do Conservatorio e o Coro Profesional de Música únense para este fin solidario, que será presentado por Chus Castro.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Palacio da Ópera: día do concerto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata o inicio do concerto
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible