Será ofrecida por Fernando Facal, médico interno residente de psiquiatría no Hopital Universitario de Santiago de Compostela.
Para público en xeral
15/01/2020
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Organizado por CorBi Foundation, coa colaboración de Museos Científicos Coruñeses
As enfermidades psiquiátricas son moi prevalentes na poboación e causan un enorme gasto en termos de morbilidade, mortalidade e tamén gasto social e económico. A pesar da súa importancia, as súas causas seguen sendo un misterio para a medicina.
Observouse que nas familias das/os pacientes cun trastorno mental é frecuente que haxa máis persoas con ese ou outro trastorno. Hai estudos clásicos que demostran que na maioría dos trastornos mentais a xenética é a principal responsable.
Investigacións máis recentes, a nivel xenómico, axudaron a descifrar a arquitectura xenética destes trastornos. Son descubrimentos que están a cambiar a concepción da enfermidade mental dunha forma drástica, formulando novos modelos de clasificación.
28/04/2024
29/04/2024
Dende o 29/02/2024 ata o 01/05/2024
02/05/2024
02/05/2024
Acceso libre até completar a capacidade.
03/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible