Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día Internacional dos Museos 2015

Agardámoste o sábado 16 de maio para celebralo

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/05/2015

Xa rematou

Prezo:

Gratuíto.

Documentos:

Dossier Día dos Museos 2015 (76 KB)

CASA MUSEO PICASSO

- 17.30 h - 18.30 h Espectáculo de maxia "O científico do futuro"

Por medio da maxia, farase unha viaxe aos tempos nos que Picasso percorría a nosa cidade.

" A CORUÑA, LAS TEMPESTADES DE LA ADOLESCENCIA" Cecila Orueta

CASA MUSEO MARÍA PITA

- 18.00 h- 19.30 h "Xogos e xoguetes tradicionais"

Actividade para encontrarnos coa infancia dos nosos avós.

 

CASA MUSEO CASARES QUIROGA

- 10.30 h - 14-00 h e 17.30 h - 23.00h O HOME ORQUESTRA "CÉ ORQUESTRA PANTASMA"

Esta figura tradicional fará un percorrido polas antigas cancións tradicionais da cultura galega.

 

MUSEO ARQUEOLÓXICO DO CASTELO DE SANTO ANTÓN

- 11.30 h - 13.00 h OBRADOIRO INFANTIL DE CERÁMICA

Taller de fabricación de obxectos cerámicos dos nosos antepasados. A partir de 7 anos. Gratuíto 20 prazas.

-1ª sesión: 12.00 h (1 h aprox.)

-2ª sesión: 19.00 h (1 h aprox.)

VISITAS GUIADAS

Percorrido polo castelo de San Antón.

Adultos. 30 prazas (reuniranse 5 minutos antes da hora)

- 22.30 h (1.50 h aprox) "O NACEMENTO DA CORUÑA: ENTRE O CASTRO DE ELVIÑA E A TORRE DE HÉRCULES"

Actividade divulgativa a cargo do director José María Bello. Percorrido pola historia da antiga cidade da Coruña: Castro de Elviña e Torre de Hércules

KIOSCO ALFONSO

- 21.00 h VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN "NON FALEMOS DE PICASSO"

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

XORNADA DE PORTAS ABERTAS "PICASSO NOS SEUS CARTEIS"

"ESCOMBROS" de Ángela de la Cruz

"CRÓNICAS DESDE A SEOANE" de Tatiana Medad

XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ

(No caso de que a climatoloxía non sexa favorable, trasladarase ao Kiosco Alfonso)

- 17.00 h - 20.00 h EXPERIMENTA CON PICASSO

Público infantil e familiar

Instalaremos cinco mesas con forma de "estacións artísticas" onde os nenos e nenas poderán experimentar con diversas técnicas coas que gozou Picasso de neno e de adulto.

TORRE DE HÉRCULES

- 10.00 a 18.00 h VEN Á TORRE E VIAXA NO TEMPO!

O Día dos Museos a Torre de Hércules realiza unha xornada de portas abertas, custodiada por unha garda imperial do Exército Romano. Poderase fotografar o faro máis antigo do mundo cos soldados do Imperio Romano. Colaborala AC Royal Green Jackets.

 

MUNCYT

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

-20.00 h /21.00 h / 22.00 h (Duración entre 45- 50 minutos) VISITA TEATRALIZADA.

Na que os inventores e innovadores españois guiarán os visitantes.

 

MAC, MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

De 17.30 a 22.00 h

POR UNHA ARTE EN TERMOS DE SOSTENIBILIDADE

Caderno de bitácora artística onde os visitantes poderán expresar o seu talento en papel reciclado, lapis ecolóxicos, etc.

 

FUNDACIÓN BARRIÉ

25 ANOS DA UDC. A UNIVERSIDADE NA CORUÑA E FERROL

Unha exposición que fai un percorrido polos 25 anos de existencia da Universidade da Coruña dende a súa creación. EXPOSICIÓN PERMANENTE FRANCISCO LLORENS.

 

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

- 19.30 h/ 20.30 h/ 21.30 h VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS PRIMEIRO PICASSO A Coruña 2015 (Inscrición previa)

- 22.30 h CONCERTO DE JAZZ ROBERTO SOMOZA TRÍO (gratuíto ata completar a capacidade)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión