Proxección de documentais na Sede de Afundación
Para público en xeral
Os días 20/09/2017, 29/09/2017, 26/10/2017
Xa rematou
De 20 a 21 h
Entrada gratuíta ata completar o aforamento
"Mar de esperanza. Los tesoros escondidos de América" - Mércores, 20 de setembro de 20 a 21 h.
A oceanógrafa Sylvia Earle, toda unha lenda dos mares, fálanos do proceso que seguiu, xunto ao prestixioso fotógrafo submarino Brian Skerry e o escritor Max Kennedy, para convencer o presidente Barack Obama da necesidade de crear novos Parques Azuis e protexer importantes hábitats submarinos.
"Los secretos del Mediterráneo. El mundo perdido de Cousteau" - Venres, 29 de setembro de 20 a 21 h.
O oceanógrafo español Enric Sala e Pierre Yves Cousteau, fillo do famoso comandante, mergúllanse nas augas do Mediterráneo para comparar as súas imaxes coas que Cousteau presentou ao mundo por vez primeira.
"Gabon Salvaje" - Xoves, 26 de outubro de 20 a 21 h.
Mike Fay e Enric Sala emprenden unha misión para protexer as ricas augas costeiras de Gabón nas que habitan hipopótamos, tiburóns e baleas chepudas e que constitúen un dos últimos mares aínda intactos do África occidental.
+info: www.nationalgeographic.es - www.afundacion.org
06/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible