A Concellaría de Culturas promove este programa que ten como obxectivo o impulso da creación artística emerxente mediante a realización de proxectos de intervención artística en espazos urbanos. Os seus destinatarios son moz@s con idade comprendida entre os 18 e os 35 anos
moz@s con idade comprendida entre os 18 e os 35 anos
Para público en xeral
Dende o 01/03/2016 ata o 31/05/2016
Xa rematou
Centro Municipal de Información Xuvenil - Concello da Coruña
R/ Río Monelos, s/n 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 294
cmix@coruna.es
www.coruna.es/cmix
http://expontaneas.gal/
CANDO:
entre os meses de marzo e xuño e setembro e decembro de 2016
INSCRICIÓNS:
1º prazo: do 02 ao 17 de marzo / 2º prazo: do 1 ao 31 de maio de 2016
REQUISITOS:
Poderán participar no programa as persoas físicas que na data de finalización do prazo de presentación de proxectos teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 35 anos ou aquelas entidades xurídicas sen ánimo de lucro cuxo proxecto o leven a cabo persoas que cumpran este requisito de idade.
Contido das intervencións: realización de proxectos de intervención artística en espazos urbanos.
Os proxectos de intervención artística responderán á filosofía integradora e participativa do arte público e buscarán a recuperación do valor do espazo cotián a través do feito artístico. Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Pertencer ao ámbito das artes visuais (escultura, graffiti, instalación, pintura, videoarte, etc.), das artes escénicas (danza, teatro, música, etc.) ou do deseño (arquitectura, paisaxismo e urbanismo). Os proxectos poderán fusionar elementos pertencentes a diferentes disciplinas artísticas.
b) Ter carácter orixinal ou inédito, e non ter sido presentados anteriormente nin expostos ao público.
c) Ter carácter efémero, sen provocar ningún impacto permanente no espazo público.
Os proxectos de intervención artística desenvolveranse en espazos públicos urbanos do termo municipal da Coruña.
Os proxectos de intervención artística terán unha duración comprendida entre os tres e os sete días e desenvoleranse entre os meses de abril e xuño e setembro e decembro de 2016.
REMUNERACIÓN:
O caché do proxecto será fixado libremente polo solicitante, cun importe máximo de 1500 euros, impostos incluídos.
O prezo do contrato incluirá os traballos necesarios para a reposición do espazo público ao seu estado orixinal á finalización do servizo.
O prezo do contrato será abonado nun 40% á presentación do proxecto técnico e plan de traballo definitivo, e nun 60% trala prestación do servizo, previa presentación das facturas e da documentación acreditativa da alta no Imposto de Actividades Económicas.
PÁXINA WEB:
03/05/2024
03/05/2024
Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024
Calendario e proceso de inscrición:
Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.
** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.
Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.
Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.
Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.
Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.
08/05/2024
10/05/2024
24/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible