Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

FARIÑA

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 25/10/2019 hasta el 26/10/2019

Ya ha finalizado

Horario:

20.30 e 23.00  h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Dirección:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Precio:

18,00 / 22,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida, 14,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % (só no despacho de billetes))

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

Organiza:

Undodez SL - Aine Produciones SL - Oqueteño Media SL

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea.

O fenómeno xa está en marcha.

O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas...

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade. De pronto, en escea, escóitase acento colombiano e marroquí.

Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro.

E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia.

En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único.

Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao sair do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

VENTA DE ENTRADAS

Taquilla Pza. Ourense: de lunes a viernes (excepto festivos) de 9.30 a 13 y de 16.30 a 19.30 h

Taquilla Teatro Colón: dia de función desde 1 h antes (sólo si hay entradas disponibles)

Televenta: 902 044 226 (de lunes a viernes de 9.00 a 22.00 h / sábados de 14.00 a 22.00 h / domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

También puede interesarte...

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cuándo:

    21/05/2024

    Inscripciones:

    Desde el 17/05/2024 hasta el 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cuándo:

    Desde el 24/05/2024 hasta el 25/05/2024

  • XXXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

    Cuándo:

    26/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cuándo:

    28/05/2024

    Inscripciones:

    Desde el 24/05/2024 hasta el 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cuándo:

    04/06/2024

    Inscripciones:

    Desde el 31/05/2024 hasta el 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • 1888. Señorita Xulia

    Cuándo:

    08/06/2024

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión