Despois de 30 anos de traxectoria e un Premio Max, Teatro Valacar proponse incidir culturalmente dunha forma máis eficiente na cidade á que pertence.
Para público en xeral
Dende o 08/11/2018 ata o 24/11/2018
Xa rematou
20:30 h
Organización Nacional de Cegos Españois - ONCE. Cantón Grande 3, Bj. 15003 A Coruña
Por iso presenta un proxecto cultural baseado na organización do novo Festival de Teatro Valacar (FTV).
O obxectivo é que o teatro, realizado por persoas cegas e con grave déficit visual, teña un escaparate privilexiado para que a cidadanía á que pertence se poida enriquecer cultural e humanamente dunha proposta teatral realizada desde outro punto de vista distinto ao normo vidente.
As características especiais deste novo proxecto para a cidade da Coruña, ao ser protagonizado por persoas cegas ou con grave déficit visual, fai que esta proposta se converta ao mesmo tempo nunha nova alternativa cultural e teatral para a cidade (con vocación de periodicidade anual) e nunha ferramenta de convivencia e visibilidade do colectivo cego e con discapacidade visual coa sociedade á que pertencen.
O FTV desenvolverá a súa primeira edición no mes de novembro do 2018 coas actuacións do grupo de Teatro Valacar todos os xoves, venres e sábados da 2ª, 3ª e 4ª semana de novembro nun horario de 20.30 h convertendo a sede do salón de actos da ONCE nunha sala de teatro alternativa e intermitente que complemente a oferta cultural da cidade da Coruña.
PROGRAMACIÓN FTV 2018
Novembro 2018
Presentación pública FTV 2018 - rolda de prensa
Mércores 7
Hora: 12.00 h
Lugar: Sede ONCE (Obelisco - Cantón Grande, 3 A Coruña)
Entrega "Premio FTV de integración nas artes escénicas"
Mércores 14
Hora: 12.00 h
Lugar: Sede ONCE (Obelisco - Cantón Grande, 3 - A Coruña)
Espectáculo "Frechas do anxo do esquecemento" de Sanchis Sinisterra (Premio Nacional de Teatro)
Xoves 8, venres 9 e sábado 10
Xoves 15, venres 16 e sábado 17
Hora: 20.30 h
Lugar: Sala de Teatro Intermitente Valacar (Obelisco - Sede ONCE - Cantón Grande, 3 - A Coruña)
Espectáculo "Enamórate a ciegas"
Xoves 22, venres 23 e sábado 24
Hora: 20.30 h
Lugar: Sala de Teatro Intermitente Valacar (Obelisco - Sede ONCE - Cantón Grande, 3 - A Coruña)
04/05/2024
04/05/2024
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible