Fito & Fitipaldis actuará na Coruña o vindeiro sábado 24 de marzo de 2018. O concerto realizarase no Coliseum da Coruña onde Muchachito actuará ás 21:00 h e o espectáculo de Fito & Fitipaldis comezará ás 22:30 h, a apertura de portas será ás 20:15 h
Para público en xeral
24/03/2018
Xa rematou
22:30 h, a apertura de portas será ás 20:30 h
30'00 € + gastos - Pista de pé s/n
35'00 € + gastos - Tendidos baixo, medio e alto numerado
(Todas aquelas persoas que accedan ao concerto deben facelo con entrada)
Política de menores: Os/as menores de 16 anos teñen que asistir acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada que se pode descargar na seguinte ligazón: Descargar autorización.
Fito & Fitipaldis regresan aos escenarios cunha xira moi especial, e é que 20 anos de traxectoria hai que celebralos ao grande.
Os Fitipaldis prepararon un repertorio con todos os seus grandes éxitos que presentarán en grandes recintos de 20 cidades.
En cada un dos concertos Fito convidará a diferentes artistas e amigos a subir ao escenario para compartir cancións.
A xira '20 años, 20 ciudades' comezará o 10 de marzo no Palacio de Deportes de Santander e continuará durante case catro meses.
Abrindo os concertos veremos a Muchachito. Ao máis puro estilo home orquestra, con seis pedais aos pés (bombo, caixas, charles, pratos) e guitarras en man, abrirá a noite co seu repertorio máis funky-rock).
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
05/05/2024
08/05/2024
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
12/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible