Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

International Games Month: Xogamos no Fórum

Na Biblioteca Forum Metropolitano celebramos o International Games Month @your library e unímonos a esta inicativa da American Library Associaton

A quen vai dirixido?:

De 6 a 12 anos

A quen vai dirixido:

Infantil

Cando:

17/11/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 10/11/2023 ata o 17/11/2023

Require inscrición

Horario:

De 18:00 a 20:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

981 184 298

Este ano volvemos sumarnos a esta interesante iniciativa internacional de poñer en valor os xogos nas bibliotecas. Unha iniciativa promovida por unha organización internacional do ámbito bibliotecario, a ALA (American Library Association).

A actividade consiste na practica e aprendizaxe de diversos xogos de mesa, para nenas e nenos con  idades comprendidas entre 6 e 12 anos. A selección dos xogos utilizados na sesión estará adaptada e deseñada en función do perfil e idades dos participantes.

Dispoñerase de 4 mesas de xogo e as partidas terán unha duración curta e dinámica (ata 30 minutos) e estarán acompañados de 2 monitores que farán as demostracións e explicarán os xogos.

Con esta actividade tentamos promover habilidades, interacción, divertimento e achegamento á Biblioteca entre a poboación máis nova. 

Actividade con inscrición previa.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión