Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

International Games Week: a industria dos videoxogos

Na Biblioteca Infantil e Xuvenil - Durán Loriga celebramos a International Games Week!

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Asociacións, Xuvenil

Cando:

09/11/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.30 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

binfantil@coruna.es

981 184 388

Porque nas bibliotecas hai máis ca libros, sumámonos, como única institución adherida en Galicia (e segunda en España), á iniciativa da ALA (American Library Association), un dos máximos expoñentes no ámbito bibliotecario internacional, para pór en valor o valor lúdico e educativo dos xogos en todas as súas formas.

Durante dous días, venres 9 e sábado 10 de outubro mergullarémonos no mundo dos xogos en xeral, e dos videoxogos en particular, para volver a conectar as comunidades nas bibliotecas a través destes.

Comezamos o venres cunha charla de David Martínez, de GatoSalvajeStudio e integrante da Asociación Galega de Videoxogos e contidos interactivos, que nos dará unha ampla visión do valor dos videoxogos, falaranos da industria que xera en Galicia e mostraranos o exemplo personal e cercano da súa empresa no sector, as posibilidades de emprego e o futuro profesional que ten o videoxogo.

Podedes seguir toda a participación internacional da International Games Week a través de @ala_gamert en Twitter, nós estaremos tamén participando coa etiqueta #ALAIGW 

Esperámosvos!

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión