“A música que interpreto nesta nova xira fálanos dos nosos mundos internos e externos. Desde a interioridade de Beethoven e a espiritualidade de Chopin ata o alegre e grandilocuente mundo de Bach, mergullarse no universo destes grandes compositores bríndanos unha oportunidade única para escapar do mundo cada vez máis tolo no que vivimos e recargarnos un pouco as pilas”.
Para público en xeral
02/03/2019
Xa rematou
20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)
20,00 / 22,00 / 26,00 € (1ª fila de principal - visibilidade reducida - 18,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, - 20 %) (Familia numerosa, - 25 % (descontó aplicable só nos despachos de billetes)
(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)
(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o concerto)
Primer Beat Producción
Carismático, visceral e moi talentoso, James Rhodes asegura que Bach salvoulle a vida. Así nolo explicaba no prólogo do seu primeiro libro, "Instrumental. Memorias de música, medicina y locura" (7ª edición, máis de 100.000 exemplares vendidos), co que obtivo un enorme e inesperado éxito.
Rhodes converteuse nun dos principais divulgadores da música clásica no mundo, grazas ás súas xiras e concertos en todo tipo de festivais e salas, e varios documentais sobre a súa figura filmados coa complicidade de cadeas de televisión británicas.
O seu libro máis recente, "Fugas" -" Fire on all Sides" na súa edición en inglés-, repasa unha das súas xiras máis importantes e recolle as vivencias, medos e derivas emocionais do seu día a día, sempre rodeado da música que tanto ama.
Reverenciado pola crítica polo seu estilo irreverente e innovador, Rhodes achega un toque moi persoal a cada unha das súas actuacións. E a súa actuación deste ano na Coruña, promete ser máxica, sen dúbida, e non deixará a ninguén indiferente...--
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 04/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 22:00 , 06/04/2024 ás 22:00 , 07/04/2024 ás 18:00 , 10/04/2024 ás 21:00 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:00 , 13/04/2024 ás 22:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:00 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:00 , 27/04/2024 ás 22:00 , 28/04/2024 ás 20:00 , 30/04/2024 ás 20:30 , 01/05/2024 ás 20:30
03/05/2024
03/05/2024
05/05/2024
08/05/2024
10/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible