Unha proposta que baila entre a documentación histórica, a musical homenaxe e a presentación da humanidade dun personaxe sometido pola sociedade a vivir nun lugar que soña un novo mundo onde as súas diferenzas sexan consideradas como normalidade. Un lugar máis aló do Arco iris onde todos sexamos de todas as cores e vivamos en harmonía e felicidade.
Para público en xeral
28/04/2017
Xa rematou
21 horas
O 22 de xuño de 1966 é o día da morte de Judy Garland. Icona gai no que se reflicte a nosa protagonista homenaxeando e imitando todos os seus movementos e comportamentos.
A noite do 28 de xuño de 1969 a policía irrompe en redada no "Stonewall Inn", un bar gai do Greenwich Village.
Aquela noite estaban a velar o deceso da súa musa Judy Garland.
A resistencia ofrecida polos clientes do local fronte á irrupción policial supón un punto de partida na loita dos homosexuais para que a sociedade e as leis recoñecesen os seus dereitos.
Máis aló do Arco iris hai un lugar sen conflitos, un lugar afastado a onde non podes chegar en tren ou barco. Detrás da lúa, máis aló do Arco Iris.
Un drama musical que xira arredor de Frances, unha protagonista transxénero, que viaxa e nos presenta as súas vivencias en paralelo ao que viviu Judy Garland. Unha sorte de biopic mesturado coa narración histórica dun feito como o inicio das revoltas de Stonewall, que acabaron por ser escollidas como o día de celebración do "gaypride", a chamada de atención sobre os dereitos do colectivo LGTBQ.
Entidades
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
12/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible