Inauguración de Regina Giménez o xoves 8 de xuño ás 20.30 h na Galería Vilaseco da Coruña. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 28 de xullo.
Para público en xeral
Dende o 08/06/2017 ata o 28/07/2017
Xa rematou
Luns a venres
11.00 -14.00 h
17.00 - 21.00 h
Sábados e mes de agosto tras a previa cita en +34 627484802
Telf. +34 981216252 info@vilaseco.com
A partir da coñecida revista histórica L'architecture d'aujourd'hui, Regina Giménez desenvolveu un proceso de traballo que analiza os elementos publicitarios e modifícaos de maneira que cambian totalmente o seu significado.
A través dun exercicio de abstracción, desvela a súa composición gráfica e ofrece outra lectura dunhas imaxes vinculadas á publicidade dos novos materiais de construción da época.
A galería Vilaseco, conta para a presentación do proxecto expositivo coa arquitecta Naiara Montero, que xunto coa artista charlarán sobre arte, deseño e arquitectura e presentarán a publicación L'architecture d'aujourd'hui de Regina Giménez editada por Enric Farrés Duran para o proxecto editorial Los Cinco Delfines (Barcelona, 2015). Con motivo da mostra, Laboratorio Creativo Vilaseco xunto á creadora realiza dúas edicións especiais.
Unha edición de 70 exemplares da obra Dalami, en impresión giclée de tintas pigmentadas sobre papel art smooth 220 gr. numerados e asinados pola artista.
E unha alfombra baixo o título Ciatherme, edición de 5 exemplares, formato 300 x 200cm tecida á man por artesás con la 100% orgánica. Regina Giménez (Barcelona, 1966) vive e traballa en Barcelona. Licenciada en Belas Artes, presentou exposicións individuais en Barcelona, Madrid, Bruxelas, París, entre outras cidades, ademais de participar regularmente en feiras nacionais e internacionais.
A súa obra está presente en numerosas coleccións privadas e públicas.
Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024
Dende o 29/02/2024 ata o 01/05/2024
Dende o 18/11/2023 ata o 01/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024
Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible