Unha visión disparatadamente comprometida da historia na actualidade, unha historia que comeza cos preparativos de benvida ao novo sol e remata dalgunha maneira que non adiantaremos pero que implica suar a camisa.
Para público en xeral
30/04/2017
Xa rematou
20.30 horas
Abubukaka embárcase neste proxecto chamado "La familia tradicional" coa intención de explorar novos camiños satíricos, caricaturescos e, por suposto, humorísticos. Aínda que ata agora Abubukaka caracterizouse por sacar punta á realidade a través de sketchs independentes dispostos en secuencia, "La familia tradicional" dá asilo a todo o xenio cómico da compañía nunha mesma liña argumental.
Esta liña mergúllase nas profundidades desta España nosa, que tantas rémoras do pasado arrastra, para sacar á luz as reliquias sociais do S.XX ibérico e reflectilas no espello cóncavo da recentemente estreada España de Felipe VI. Hai conflitos territoriais a ritmo de rumba, poderes fácticos sedentos de romarías, interrupcións voluntarias do embarazoso, primarias para primos, asemblearios en asembleas asemblearias, peites electorais, plataformas con purpurina, sombras de cruzamentos e interseccións que están en vermello.
Entidades
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
12/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible