Non perdas o concerto de Leiva - Xira Tour 2019 (Coliseum) o próximo 11 de maio de 2019.
Para público en xeral
11/05/2019
Xa rematou
A apertura de portas será ás 20:30 h e o comezo do concerto está previsto para as 22:00 h.
Pista - 28 €
Tendido baixo e tendido medio - 25 €
Señor Lobo SL
O venres 14 de decembro Leiva publica o primeiro sinxelo do que será o seu próximo disco, o cuarto na súa carreira en solitario.
"No te preocupes por mí" está dispoñible en formato sinxelo dixital (en todas as plataformas) e nunha edición especial en vinilo 7". Coa estrea da canción, tamén podemos gozar do seu novo videoclip rodado en Barcelona, dirixido por NYSU e producido por GARAGE FILMS.
Leiva leva na música desde principios dos 90 pero a súa carreira en solitario iníciase en 2012, co disco "Diciembre", e, seis anos despois, conta con tres álbums de estudo ás súas costas, numerosas colaboracións, e unha indubidable faceta como produtor (na que destacan os aclamados discos "Lo niego todo" de Sabina e "11" de Abel Pintos).
Recoñecementos como o Premio Rolling Stone ao Mellor Disco Do Ano, Premio 40 Principales ao Artista Rock Do Ano, premio Los 40 Music Awards ao Artista Do Ano, e varios nomeamentos nos Latin Grammys avalan a súa carreira. O broche de ouro tivo lugar en febreiro de 2018, cando se fixo co Goya á Mellor Canción Orixinal por "La llamada", canción coa que tamén estivo nomeado a MELLOR CANCIÓN ROCK na última edición dos Latin Grammy.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
08/05/2024
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
12/05/2024
13/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible