Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk publica no ano 2018 novo disco, esta vez dedicado á Ribeira Sacra.
Para público en xeral
05/12/2018
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
20'00, 17'00, 14'00, 12'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas, -25% (só en despacho de billetes)).
A banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense), e o seu obxectivo é poñer en valor, a través da música, a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio. Este novo traballo inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías.
Ribeira Sacra conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso, Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos. Bieito Romero remarcou, na presentación que tivo lugar en Ourense, que esta gravación "tocoume no corazón, porque as miñas orixes están na Ribeira Sacra, e ademais, para todos supuxo un proxecto moi especial porque comezamos a traballar nel na data en que os lumes fixeron estragos en Galicia en outubro de 2017, e o feito de estar nun territorio de tal alto valor natural, como é a Ribeira Sacra, fíxonos arrancar con moita tristura". Romero lembrou o labor etnográfico e de recolleita de sons naturais e testemuñas que enriqueceron este traballo musical. "Fomos polas aldeas falar coa xente, recollemos sons de vento, carros, campás, e tamén imaxes de nevaradas, amenceres..., de tal xeito que neste traballo mestúrase a música co ambiente da Ribeira Sacra". A súa pretensión, remata, "foi acadar unha banda sonora humana e natural". O traballo discográfico recolle tamén nas letras feitos e personaxes históricos, como "Romasanta", e de lenda, como os "Felos de Maceda e Esgos", de fonda tradición etnográfica no Entroido, ademais de textos en "Barallete", a linguaxe dos afiadores.
Luar na Lubre son:
BIEITO ROMERO, gaitas, acordeón, zanfona
IRMA MACÍAS, voz
ANTÍA AMEIXEIRAS, violín
PATXI BERMÚDEZ, bodhran, tambor, djembé
PEDRO VALERO, guitarra acústica
XAVIER FERREIRO, percusión latina, efectos
XAN CERQUEIRO, frautas
BRAIS MACEIRAS, acordeón
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024
Os días 04/04/2024 ás 21:00 , 05/04/2024 ás 22:30 , 06/04/2024 ás 21:30 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:30 , 13/04/2024 ás 22:00 , 15/04/2024 ás 21:00 , 18/04/2024 ás 21:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 22:30 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:30 , 27/04/2024 ás 22:30 , 30/04/2024 ás 22:00
Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 21:30 , 10/04/2024 ás 21:30 , 12/04/2024 ás 21:30 , 16/04/2024 ás 21:30 , 19/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:30 , 25/04/2024 ás 21:30 , 26/04/2024 ás 21:30 , 27/04/2024 ás 21:30 , 30/04/2024 ás 21:30
Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 04/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 22:00 , 06/04/2024 ás 22:00 , 07/04/2024 ás 18:00 , 10/04/2024 ás 21:00 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:00 , 13/04/2024 ás 22:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:00 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:00 , 27/04/2024 ás 22:00 , 28/04/2024 ás 20:00 , 30/04/2024 ás 20:30 , 01/05/2024 ás 20:30
03/05/2024
03/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible