Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Manolo Couto

Presentación do sétimo disco de Manolo Couto "Galego-Andaluz"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/05/2019

Xa rematou

Horario:

20:30 h

* Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Libre (ata completar a capacidade da sala)

Que a copla e os pasodobres están asentadas no ADN festivo galego é unha realidade que se pode contrastar nos repertorios das orquestras galegas, que interpretan cantantes solistas, mulleres e homes, especializados nestas "lides" musicais de ascendencia andaluza, que cando soan nos campos das festas, en galego ou castelán, actúan como resorte para saír a bailar ao soar os seus compases.

Tanto é así que, en certa ocasión, chanceando, alguén me comentou que polo aprecio que tiñan estes "paus musicais" en Galicia, parecía que estabamos en "Xerez da Fontaneira" en lugar de Jerez de la Frontera.
Do calado popular que a canción española, a copla e o pasodobre teñen no Noroeste, sabe moito Manolo Couto, un cantante que desde rapaz -- e diso xa hai anos -- lle daba á copla: "Cando as miñas irmás pelaban as patacas, eu cantáballes", lembra.
Nas orquestras atopou o mellor escaparate para mostrar a súa arte. Pasou pola Orquesta Mallo, a Orquesta X, o grupo Treboada e Los Titanes, ata que formou unha con nome propio, "Manolo Couto y su orquesta", agrupación que durou 15 anos e que deu paso á súa faceta de solista, gravando cancións propias e de diferentes artistas.
Agora, Manolo Couto, un artista todoterreo con dotes interpretativos que abarcan a canción española, rumba, merengue, cumbia, salsa, boleros pasodobres, grazas á experiencia adquirida no seu paso polas orquestras, presenta o sétimo disco da súa traxectoria artística, no que exhibe os seus dotes artísticos.
Este novo traballo ten o suxestivo título de "Galego Andaluz", con arranxos de Félix Cebreiro, -- Manolo Couto é coñecido como o Manolo Escobar galego -- que indica ben ás claras o que nel se pode escoitar.
Un disco moi variado e "viaxeiro" , do Noroeste ao Sur, onde interpreta, co "corazón musical partío", sete composicións súas, con letras que falan da actualidade, con dedicatorias á cidade da Coruña -- "De Coruña no me voy" -- a "San Andrés de Teixido", con ritmo de cumbia, ás "Aldeíñas de Galicia", ou ás "Bruxas e meigas", con especial fincapé contra a violencia de xénero en "Maltratada".
Con "O mellor está por vir", Manolo Couto "deixa" Galicia a recado e "vaise" a Andalucía para recrear na súa voz seis temas de Manolo Escobar, Juanito Valderrama, -- "El emigrante" --, Tonino e José Manuel Soto.

Tamén che pode interesar...

  • Sala Filomatic: abril

    Cando:

    Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024

  • Sala Mardi Gras: programación de abril de 2024

    Cando:

    Os días 04/04/2024 ás 21:00 , 05/04/2024 ás 22:30 , 06/04/2024 ás 21:30 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:30 , 13/04/2024 ás 22:00 , 15/04/2024 ás 21:00 , 18/04/2024 ás 21:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 22:30 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:30 , 27/04/2024 ás 22:30 , 30/04/2024 ás 22:00

  • Jazz Filloa: Programación abril 2024

    Cando:

    Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 21:30 , 10/04/2024 ás 21:30 , 12/04/2024 ás 21:30 , 16/04/2024 ás 21:30 , 19/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:30 , 25/04/2024 ás 21:30 , 26/04/2024 ás 21:30 , 27/04/2024 ás 21:30 , 30/04/2024 ás 21:30

  • Garufa Club: abril

    Cando:

    Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 04/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 22:00 , 06/04/2024 ás 22:00 , 07/04/2024 ás 18:00 , 10/04/2024 ás 21:00 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:00 , 13/04/2024 ás 22:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:00 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:00 , 27/04/2024 ás 22:00 , 28/04/2024 ás 20:00 , 30/04/2024 ás 20:30 , 01/05/2024 ás 20:30

  • Concerto de Música Clásica

    Cando:

    03/05/2024

  • Concerto de Tradicional

    Cando:

    03/05/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión