É un espectáculo do CDG composto de dúas pezas: As galas do defunto e A filla do capitán.
Para público en xeral
Dende o 02/06/2017 ata o 03/06/2017
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, +65 anos, desempregados: -20%)
As galas do defunto: Un soldado retorna á súa patria despois de combater na guerra de Cuba. Ao chegar, atópase coa Daifa, unha moza que se viu obrigada a exercer a prostitución despois de ser desprezada polo seu pai por causa dun embarazo fóra do matrimonio.
Ante o aspecto miserento do soldado, a moza rexéitao. Este conduce os seus pasos ao cemiterio, onde desenterra o cadáver do seu finado caseiro para vestir coas súas ricas roupas e así poder presentarse ante a Daifa con inmellorable aparencia. O que non espera é que o seu caseiro sexa o propio pai da Daifa...
A filla do capitán: O capitán "Chuletas de Sarxento", acusado de dar carne de prisioneiro no rancho da tropa, elude a xustiza cedéndolle os favores da súa filla Sini ao seu xeneral, un vividor moi ben posicionado no alto mando militar.
Por despeito, o namorado de Sini, un pobre músico ambulante, busca vinganza sobre o xeneral, pero confunde a vítima e asasina a un popular home de negocios que portaba na carteira poderosos documentos.
As tentativas de ocultaren o crime por parte de todos os implicados provocan unha bóla de neve que deriva nunha sucesión de chantaxes, ameazas, tratos coa mafia, manipulación xornalística, loitas políticas e sublevacións militares nun fiel retrato dun país onde as decisións da alta política veñen derivadas dos vicios, os abusos e a ineptitude dos seus responsables.
Venda de entradas:
Despacho central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
04/05/2024
04/05/2024
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible