Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Mes da muller. As nenas e as mulleres nas ciencias

Por que hai poucas mulleres no mundo da Informática?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/03/2019

IMPORTANTE: cambio de datas!

Do martes 12 pasa ao xoves 14 de marzo, á mesma hora.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/03/2019 ata o 14/03/2019

Require inscrición

Horario:

19:00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Hashtag:

##mullerestecnolóxicas #díadamuller #mullerescientificas #nenasnasciencias #BiblioTECH

Contacto:

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, queremos pór unha mirada cara adiante e achegarnos ao campo da Informática e a Tecnoloxía, no que, cada vez máis, se enche de mulleres pioneiras que van abrindo camiños nas ciencias.

Contaremos con Nieves R. Brisaboa, catedrática de linguaxes e sistemas informáticos da Universidade da Coruña (UDC). No 1996 creou o Laboratorio de Bases de Datos (LBD) que dirixe dende entón e que foi declarado grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia.

Manifestou en repetidas ocasións a súa preocupación pola pouca presencia das mulleres nos estudos de Informática, e participa activamente na iniciativa ICT-Girls da UDC. Como socia de AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras & Tecnólogas) anima ás rapazas a considerar a Informática nos seus estudos e futuro laboral.

Por isto mesmo, terémola para que nos conte de primeira man a súa experiencia, as dificultades e retos superados e como ve o futuro das mulleres no campo da tecnoloxía.

Tamén che pode interesar...

  • BiblioTECH. Obradoiro de deseño 3D

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ás 11:00 ata o 01/06/2024 ás 13:00 , os sábados

    Realizarase os sábados 4, 11, 18 e 25 de maio e 1 de xuño.

    Inscricións:

    Dende o 27/04/2024 ata o 04/05/2024

    Require inscrición.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión