Xornada aberta de networking organizada polo Concello da Coruña e levada a cabo no marco do convenio coa Deputación Provincial da Coruña, relacionada coa ARQUITECTURA DIXITAL. Proximamente desenvolverase o programa con relatores e temática específica.
Persoas, empresas e colectivos interesados na temática.
Para público en xeral
27/11/2017
Xa rematou
Dende o 06/11/2017 ata o 27/11/2017
ARQUITECTURA DIXITAL NO CENTRO ACCEDE PAPAGAIO
27 de novembro de 2017
de 19-21 horas
PROGRAMA
19:00 h. Recepción de asistentes
19:15 h. "Caso de éxito: Urbansimulations, no Top 10 mundial da arquitectura virtual? Luis Rivero, fundador e director creativo da empresa coruñesa Urbansimulations
19:30 h. Coloquio. Intervención das persoas asistentes.
20:00 h. "Arquitectura dixital na contorna BIM". José Manuel García Acevedo, fundador de +BIM Studio
20:15 h. Coloquio. Intervención das persoas asistentes.
20:45 h. Petisco solidario
Luis Rivero, fundador e director creativo. Arquitecto de formación, con 25 anos de experiencia en visualización e fundador de Urbansimulations, Luis mantén a dirección creativa desde guións das películas ata a súa montaxe final nos últimos anos, comparte este labor creativo co desenvolvemento de estratexias de e-commerce e retail para grandes compañías.
José Manuel García Acevedo, arquitecto técnico do COAATAC e BIM Mánager. Fundador de +BIM Studio, sito na Coruña. Empresa dedicada a proxectos (obra nova e reforma, tanto de retail como de residencial) aplicando metodoloxía BIM (Building Information Modeling) e dotando os proxectos de información a través de láser escáner, 3D e realidade virtual e aumentada. A maiores, dedícanse á implantación desta metodoloxía noutras empresas e estudos.
2 horas de 19 a 21 horas
Centro Municipal de Empresas - Accede Papagaio. Rúa Hospital 19, Sótano. 15001 A Coruña
Gratuíto
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible