I Congreso Internacional de mozos investigadores da Coruña.
Para público en xeral
Os días 05/10/2017, 06/10/2017, 07/10/2017
Xa rematou
3 días
Praza de la Constitución 5. 15001
Inscrición gratuíta
Envía un correo a cxoven.investigadores.coruna@gmail.com e indica:
- Nome completo
- Documento Nacional de Identidade
- Teléfono
- Correo
A entidade organizadora e coordinadora do I Congreso Internacional de Mozos Investigadores de A Coruña é a Asociación Cultural Beltane, formada por historiadoras da arte que buscan poñer en marcha actividades que acheguen a cultura e o patrimonio á sociedade en xeral.
A cidade de A Coruña conta cun extenso patrimonio histórico-artístico, enormemente atractivo para os investigadores, e este congreso busca tanto atraer a novos especialistas como dar a coñecer e fomentar as actuais investigacións en curso.
A realización con carácter periódico deste encontro converterase nunha ferramenta de posta en valor e creación de sinerxías ao redor do mundo brigantino, así como de punto de encontro para distintos profesionais.
Ao mesmo tempo, a publicación dos relatorios e comunicacións presentadas no congreso, en formato libro, descarga en liña en PDF e vídeo-conferencias, deixarán constancia escrita e visual, accesible a toda a sociedade, sobre as distintas investigacións ao redor dun patrimonio que nos pertence a todos.
San Francisco foi durante séculos testemuña muda dalgúns dos acontecementos máis destacados da urbe herculina desde o século XIII, pero que actualmente é un patrimonio enormemente fragmentado, cuxos restos se distribúen entre o propio xacemento arqueolóxico, o Museo Militar da Coruña, o Museo Arqueolóxico Provincial do Castelo de San Antón e a igrexa de San Francisco na Avda. Calvo Sotelo. Os novos achados, froito das últimas escavacións, ofreceron interesantes datos, totalmente inéditos ata o momento, que esixen unha coidadosa análise.
Cremos profundamente na cooperación entre profesionais e institucións e por iso nesta ocasión buscamos a colaboración das universidades da Coruña e Santiago de Compostela, como referentes científicos. Membros de ambos os centros xogarán un papel fundamental, tanto como asesores como formando parte do comité científico responsable da avaliación e selección por dobre cego das comunicacións propostas polos novos investigadores, e que serán presentadas durante o congreso.
Cóntase coa cooperación do Museo Militar da Coruña, o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón e o Concello, posto que non son da súa titularidade o xacemento e os restos arqueolóxicos, senón que en última instancia son os que mellor coñecen o actual estado legal e de conservación deste conxunto patrimonial e poden achegar interesantes datos que axuden a conformar a historia máis recente do convento de San Francisco da Coruña.
Entidades
02/05/2024
Acceso libre até completar a capacidade.
16/05/2024
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Os días 18/03/2024 ás 18:30 , 16/04/2024 ás 18:30 , 07/05/2024 ás 18:30 , 04/06/2024 ás 18:30
un encontro ao mes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible