Punto de información e participación no Obelisco
Maiores, Familias, Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral
16/09/2017
Xa rematou
De 16:00 a 21:00
Obelisco. A Coruña
Para facilitar a participación na fase de votación dos Orzamentos Participativos, o Concello habilítanse dous puntos de información e participación na rúa nos que se poderán consultar as propostas e votar a través de dispositivos móbiles: o sábado 16 de setembro no Obelisco e o sábado 23 na Praza de Pontevedra (ambos en horario de 16:00 a 21:00). Estes puntos contarán con áreas de descanso e xogo.
Entre o 8 e o 24 de setembro, todas as persoas empadroadas na Coruña e maiores de 16 anos poderán votar propostas para toda a cidade ata 1 millón de euros e propostas para un distrito da súa elección ata 200.000 euros. Lembra que non é necesario ter participado nas fases anteriores do proceso para poder votar.
Vota en aportaaberta.coruna.es.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible