O Muncyt acolle unha exposición temporal que profunda no ámbito da investigación neurocientífica e o funcionamento do cerebro. Nela achégasenos de modo práctico, accesible e ameno, á neurociencia. Como complemento á exposición, o museo ofrece un ciclo de conferencias que reúne unha selección de expertos que abordarán distintos aspectos do noso laberíntico cerebro para entender mellor o que somos.
Para público en xeral
Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024
Luns: pechado
De martes a venres: das 10.00 ás 17.00 h
Sábados: das 11.00 ás 19.00 h
Domingos e festivos: das 11.00 ás 15.00 h
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - Muncyt. Praza del Museo Nacional 1. 15011 A Coruña
Gratis
A exposición está estruturada arredor de catro sectores:
Sector 0
Unha pequena revisión histórica da orixe, evolución e papel dos labirintos na historia da humanidade (físicos ou ornamentais).
Sector 1
Serve para conectar a concepción clásica de labirinto co cerebro e presentar como funciona este desde a perspectiva da navegación en contornas laberínticas, que están presentes no noso día a día.
Sector 2
Centrado en explicar que é e como funciona o navegador espacial interno do cerebro.
Sector 3
Aborda como a neurociencia comezou a aplicar os labirintos como ferramenta para mellorar o funcionamento cerebral, ademais de estudar, diagnosticar e tratar algunhas enfermidades mentais.
Charlas
*As charlas terán lugar ás 19.00 h no salón de actos do MUNCYT A Coruña cunha duración estimada de 90 min, incluíndo o coloquio. Todas as charlas serán de acceso libre ata completar a capacidade e retransmitidas en liña.
Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024
Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024
Dende o 15/03/2024 ata o 14/07/2024
Dende o 23/04/2024 ata o 21/07/2024
Dende o 22/03/2024 ata o 01/09/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible