Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Pablo Díaz: Tic Tac Toc

Pablo Díaz promete encher o Auditorio do Fórum Metropolitano o vindeiro 29 de setembro a partir das 18.30 horas con boa música e moita diversión para toda a familia cos temas do seu traballo Tic Tac Toc.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

29/09/2017

A actividade está recomendada para crianzas maiores de 4 anos acompañadas dunha persoa adulta. É necesaria a inscrición tanto para a crianza como para a acompañante

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/09/2017

Prazas esgotadas

Horario:

18.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíta

Páxina web:

PRAZAS ESGOTADAS

A entrada será gratuíta, mais é necesaria a inscrición en ticketea. Cada persoa poderá retirar até un máximo de 5 entradas, das que deberá cubrir o nome e apelidos de cada unha das persoas que asistirán ao evento. No día do concerto, será necesario achegar a entrada impresa ou en formato electrónico. É especialmente recomendado para nenos e nenas de máis de 4 anos.

Pablo Díaz é un prestixioso músico coruñés, que debutou co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC, en decembro de 2009 e co que acadou un éxito espectacular en Galicia, xa que a primeira edición do traballo esgotouse en 3 meses, e está xa tamén esgotada a 4ª edición do traballo.

Con este traballo resultou un dos 3 finalistas nos premios galegos da música Martín Códax. Foi o gañador do premio "Anisia Miranda á creatividade infantil" en 2011.

En novembro de 2013, ve a luz o segundo traballo, TOC TOC, da editorial Galaxia, que xa tivo que ser reeditado en febreiro de 2014 e do que van vendidos máis de 4000 libro-discos.

En decembro de 2014, presenta o seu novo traballo máis íntimo e dedicado ao público de menor idade: "Xente miúda, moita fartura", apostando nesta ocasión pola autoprodución e por contar coa colaboración de Tito Calviño e Carmen Rey.

O seu último traballo, "Tic tac toc", publicouse a través da editorial Galaxia no Nadal de 2016.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión