Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Pantasmas de Oza: Construindo a memoria do Barrio

Ven coñecer o Proxecto para recuperar a memoria dos Castros a través da conversa e do patrimonio esquecido.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

27/05/2017

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 12:30 a 13:30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981184298

Pantasmas de Oza é o resultado dun obradoiro de memoria organizado pola Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros co apoio da Concellería de Participación do Concello da Coruña. O xerme da idea é un mapa interactivo creado no IES Monte das Moas e máis nun proxecto colectivo desenvolto no Popathon de Coruña Dixital.

Mediante fotos antigas localizamos e documentamos o patrimonio desaparecido do barrio como un mapa das cicatrices que a expansión industrial e urbanística da cidade deixaron na Gaiteira e Os Castros trala fusión dos municipios de Oza e A Coruña en 1912. Así, colaboramos no arquivo e difusión da memoria facilitando que as leccións do pasado inspiren as decisións do noso presente.

Organización: Paulo Sexto e Emilio Vega

Coordinación: Cristina de la Torre

Participaron: José Carlos Alonso, Pepe Antas, Arturo de Lombera, Agustín Lorenzo, Susana Gómez, Manish Gómez, Olga Aguiar, Pili, Tania Galán, Mina Gómez, Antonio Vázquez, Yosune Rodríguez, Geme Antas, Abdi Antas, Paco, Margarita, Ramón, Jaime, Antón, Leticia, Mayte López, Obdulia Piñeiro, Curra Rodríguez, Eugenia Herrera, Juan Luis Rodríguez, Paco, Álvaro Sarandeses

Colaboraron: Rodri García, Pedro Fontenla, David Fernández, Ramon Parada, Begoña Pastoriza, Jorge Lama, Centro Cívico de San Diego, IES Monte das Moas, veciños das Xubias, Gaiteira e Os Castros

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión