Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do libro "Expedición Cabo Norte" de Anina Anyway e Pablo Calvo

Unha viaxe real cara ao interior do Círculo Polar

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Persoas adultas

Cando:

02/02/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 18:30 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Confiaban en que outra maneira de vivir era posible. Así que, quitaron os disfraces, as capas, as coirazas e a peito descuberto e a pel exposta lanzáronse á aventura.

Érase unha vez unha viaxe en bicicleta desde o norte de España ata o Círculo Polar Ártico. Unha viaxe protagonizada por dous humanos e un can, que atravesaron Europa vivindo sobre a estrada e baixo o ceo durante miles de quilómetros.

Esta é a historia real de Pablo, Ana e Hippie, que saíron de Asturias empuxados por unhas incontibles ganas de vivir. O seu destino, Cabo Norte, non é unha meta calquera; é un símbolo, un reto desafiante, unha declaración de intencións. Nas páxinas deste libro descubrirás, entre paraxes asombrosas e lúcidas reflexións, por que aquela aventura estaba destinada a cambiar as súas vidas para sempre.

A viaxe que estás a piques de facer transportarate a través de nove países, pero é tamén unha viaxe interior. Como os distintos afluentes dun río, que van compoñendo un torrente caudaloso e salvaxe, o relato flúe cara a un desenlace cargado de crúa sinceridade, profunda aprendizaxe e un contaxioso optimismo ante a adversidade.

Unha experiencia chea de significados que axuda a enfocar unha perspectiva da vida, antes borrosa. Un libro repleto de emoción, valentía e loita que quizá esperte en ti un intenso desexo de liberdade.

Expedición Cabo Norte: Unha viaxe real cara ao interior do Círculo Polar de Anina Anyway e Pablo Calvo, publicado por Ediciones Desnivel.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión