Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do libro "In memoriam" de Rubén Montero

In memoriam de Rubén Montero, publicado por LxL Editorial

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

26/11/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981 184 298

Rubén Montero nace en 1994 en Madrid. Gradúase en Enxeñería Informática en 2016 e en 2017 finaliza os estudos de Máster de Profesorado. Á marxe do campo académico, as súas inquietudes artísticas lévano a converterse en compositor e instrumentista autodidacta e contribuír en diversas formacións musicais. Tamén comeza a traballar na súa carreira literaria desde moi novo. Tras escribir a súa primeira novela con só 13 anos, dedicarase máis tarde a cultivar diversos estilos e escribir varias obras, a maioría delas non relacionadas entre si.

Os seus proxectos artísticos actualmente son levados a cabo simultaneamente con outros traballos no campo da investigación tecnolóxica.

Sinopse de In memoriam

Celine é unha moza estudante que un día calquera visita o teatro coa súa fiel amiga Dalia. O que puido ser unha simple e agradable velada transfórmase máis tarde nun inesperado intento de secuestro levado a cabo por enigmáticos homes interesados nuns libros que ela ten no seu poder.

Por sorte, un misterioso home aparece para rescatala. Coa mesma fugacidade coa que intervén, desaparece sen deixar rastro.

A próxima vez que el e Celine se atopen, a moza levará unha impactante sorpresa. A partir dese momento, ela e a súa amiga Dalia veranse envoltas nunha trama dun alcance que non poderían imaxinar.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión