Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do libro "Oxalá estiveses aquí" de Charo Pita

Novo libro de Charo Pita, recomendado para nenos e nenas a partir de 6 anos.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

25/05/2017

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 18.30 a 19.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Charo Pita di que naceu á idade de seis anos cando acabou de ler o seu primeiro libro. Recoñece estar sempre a medio camiño: nin pícara nin adulta, nin gorda nin fraca, nin loura nin morena, nin india nin vaqueira, nin de aquí nin de alí, unha salvaxe apracible, entre o po da viaxe e a modorra dunha butaca vella, unhas veces coa palabra na boca, outra coa música... O seu traballo como narradora abarca diversas áreas, desde o conto infantil ata o relato erótico ou de terror e as montaxes musicais. Tamén imparte talleres de narración oral, desde o ano 1994, por todo o ámbito da xeografía española. Estudou Canto, Interpretación e é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca. Como escritora recibiu algúns premios literarios e "Oxalá estiveses aquí" é a súa segunda publicación na Editorial Galaxia.

Charo Pita vólvenos ofrecer unha historia chea de aventuras e aprendizaxe, onde os animais protagonistas crecen a medida que van pasando unhas probas que, dalgunha maneira, explican o dura e o marabillosa que pode ser a vida.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión