Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Principito 21

Con motivo do Día do Libro

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

23/04/2017

Xa rematou

Horario:

17.00 h

Enderezo:

Rúa Baños de Arteixo 43. 15008 A Coruña

Prezo:

gratuíta

MARINEDA CITY celebrará o Día Internacional do Libro cunha actividade dirixida ao público familiar que combina a narración, a música e a interacción das persoas asistentes. Trátase de Principito 21, un espectáculo creado polo escritor, poeta e guionista, Pedro Ramos, a partir do libro de Saint-Exupery, na que o público elixe o desenvolvemento da historia. Ramos estará acompañado polo músico Manu Conde que xerará coa súa guitarra unha ambientación improvisada para esta viaxe por un dos libros máis entrañables da literatura de todos os tempos. A música en directo fará as veces de efectos sonoros creando unha atmosfera idónea para que toda a familia goce dunha obra que foi traducida a máis de 250 idiomas e dialectos (incluído o braille). Trátase dun espectáculo sobre a amizade, que terá lugar o domingo 23 de abril, ás 17 horas, na planta 2 de Marineda City e a entrada é gratuíta.

Tamén che pode interesar...

  • Cantamos con Rosalía de Castro

    Cando:

    05/05/2024

  • 19.ª edición: Durme no Fórum

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024

    Inscricións:

    Calendario e proceso de inscrición:

    Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

    * Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureir@s que participarán co mesmo número de sorteo.

    ** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

    Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.

    Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.

    Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.

    Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.

    Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    07/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 30/04/2024 ata o 07/05/2024

    Require inscrición

  • "Son animal", de Paco Nogueiras

    Cando:

    07/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    08/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2024 ata o 08/05/2024

    Require inscrición.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    09/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2024 ata o 09/05/2024

    Require inscrición

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión