Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Rec Fest

Rock na Coruña. REC Fest. Un novo encontro que revive a liturxia do rock na cidade herculina.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/11/2019

Xa rematou

Horario:

19.30 h (apertura de portas ás 19.00 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

28,00 / 32,00 / 35,00 / 38,00 €

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

Organiza:

Galicia Vella de Inversiones y Logística SL

Un festival que aspira a converterse nunha referencia a nivel estatal para as persoas amantes da música de guitarras na súa versión máis cañeira. A súa primeira edición terá lugar o sábado 23 de novembro de 2019 no Coliseum da Coruña. O REC Fest encherá a cidade de sons incendiarios e música combativa, irresistible e moi carismática. Seis horas de adrenalina pura.

Co propósito de ser eclécticos dentro do ámbito do rock, no cartel do REC Fest terán cabida sons como o punk, o ska, o rock clásico, o metal, o hardcore, os ritmos urbanos, a fusión... A esta nova cita coa mellor música dura de gran formato non faltarán iconas de diferentes xeracións, figuras de alcance nacional e internacional e bandas con acento galego que veñen pisando forte nos nosos escenarios. Será unha cita imprescindible para as letras máis contestarias e a festa máis enérxica.

O REC Fest é un festival único de rock que nace con vocación indoor e chega en 2019 ao Coliseum para facer tremer os cimentos da Coruña cos sons máis rotundos. Este outono, volve o ROCK con maiúsculas á cidade herculina. No cartel da súa primeira edición daranse cita Ska-P, Dakidarría, La Regadera, Bastards On Parade, Machete en Boca e Ezetaerre.

As entradas do REC Fest estarán dispoñibles a partir do próximo luns 15 de abril a través das plataformas en liña Ticketea e Ataquilla e, fisicamente, no Quiosco da praza de Ourense da Coruña.

O REC Fest (Rock na Coruña) é un festival organizado pola promotora de eventos Galicia Vella, coa colaboración do Concello da Coruña.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Coliseum: aberto só os días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Tamén che pode interesar...

  • Concerto Música Coral

    Cando:

    27/04/2024

  • Sala Filomatic: abril

    Cando:

    Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024

  • Sala Mardi Gras: programación de abril de 2024

    Cando:

    Os días 04/04/2024 ás 21:00 , 05/04/2024 ás 22:30 , 06/04/2024 ás 21:30 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:30 , 13/04/2024 ás 22:00 , 15/04/2024 ás 21:00 , 18/04/2024 ás 21:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 22:30 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:30 , 27/04/2024 ás 22:30 , 30/04/2024 ás 22:00

  • Jazz Filloa: Programación abril 2024

    Cando:

    Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 21:30 , 10/04/2024 ás 21:30 , 12/04/2024 ás 21:30 , 16/04/2024 ás 21:30 , 19/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:30 , 25/04/2024 ás 21:30 , 26/04/2024 ás 21:30 , 27/04/2024 ás 21:30 , 30/04/2024 ás 21:30

  • Garufa Club: abril

    Cando:

    Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 04/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 22:00 , 06/04/2024 ás 22:00 , 07/04/2024 ás 18:00 , 10/04/2024 ás 21:00 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:00 , 13/04/2024 ás 22:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:00 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:00 , 27/04/2024 ás 22:00 , 28/04/2024 ás 20:00 , 30/04/2024 ás 20:30 , 01/05/2024 ás 20:30

  • Concerto de Música Clásica

    Cando:

    03/05/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión