Hirokazu Kore-eda, un dos máis prestixiosos directores nipóns da actualidade, mergúllase no drama familiar con 'Still Walking', unha dura cinta que aborda os sentimentos a flor de pel dunha prole que se reúne para conmemorar a morte dun dos fillos.
Para público en xeral
Os días 27/04/2017, 28/04/2017, 29/04/2017
Xa rematou
Xoves 20.15; venres 20.15 e 22.45 h e sábado 17.15 e 20.15 h
116 min
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3,00 euros (carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)
Sesións do espectador: venres 22.45 h e sábados 17.15 h (prezo único: 1,50 euros)
(Os descontos aplicaranse logo da presentación previa do documento que acredite o desconto)
Uns fillos xa adultos visitan os seus anciáns pais, que viviron durante décadas na residencia familiar. O fillo e a filla volven, xunto coas súas respectivas familias, para unha reunión inusual, co fin de conmemorar a tráxica morte do fillo maior, que faleceu en accidente quince anos atrás. Aínda que o caserón e o menú da nai apenas cambiasen co paso dos anos, aprécianse lixeiros cambios en cada membro da familia. Trátase dunha típica familia, onde reinan o amor, os rancores e os segredos.
Xapón, 2008, 116 min
V.O.S. en castelán
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS
Formato: 35 mm
Os días 02/05/2024, 03/05/2024, 04/05/2024
Os días 03/05/2024, 04/05/2024
06/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible