Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Todo Público: Aguratrat

Estrea absoluta no Fórum. AGURATRAT! é unha adaptación teatral do libro "Esio Trot" de Roald Dalhl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal.

A quen vai dirixido:

Infancia, Para público en xeral

Cando:

12/10/2017

Xa rematou

Horario:

18.30 h

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entradas: 6'00 €

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15'00 €

Menores de 3 anos: 2'00 €

*Todos os que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo, deben facelo con entrada

Televenda:

Ticketea

AGURATRAT! é unha fermosa historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.

AGURATRAT! é unha obra de teatro de actor para que o público familiar difrute de xogos de palabras, de tartarugas, dos seus maiores e de ideas orixinais e divertidas.

Autor: ROALD DAHL

Dirección e Interpretación: Victoria Pérez e Manu Fernandez

Compañía: Pérez & Fernández

Duración: 50 minutos

Público: +4 anos

Venda de entradas e abonos

Despacho de billetes central na Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes, só se quedan entradas dispoñibles.

Televenda: 902 044 226 - web

Tamén che pode interesar...

  • 19.ª edición: Durme no Fórum

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024

    Inscricións:

    Calendario e proceso de inscrición:

    Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

    * Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureir@s que participarán co mesmo número de sorteo.

    ** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

    Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.

    Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.

    Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.

    Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.

    Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    07/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 30/04/2024 ata o 07/05/2024

    Require inscrición

  • "Son animal", de Paco Nogueiras

    Cando:

    07/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    08/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2024 ata o 08/05/2024

    Require inscrición.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    09/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2024 ata o 09/05/2024

    Require inscrición

  • CantoConto!: Entre arrolos e contiños

    Cando:

    09/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2024 ata o 09/05/2024

    Require inscrición

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión