Premio Mellor espectáculo infantil da Feria de Teatro de Castela e León 2016 Premio ao espectáculo de pequeno formato FETEN 2017
Infancia, Para público en xeral
04/11/2017
Xa rematou
18.30 h
55 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entradas: 6'00 €
Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15'00 €
Menores de 3 anos: 2'00 €
*Todos os que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deberá facelo con entrada
Sis Sas é a anciá tecelá do mundo. Ela crea sen parar: tece o tempo, tece ás persoas e mesmo fía tecidos de historias. Nacen as persoas, tecidas de historias. Unha vida é un tecer o tempo. Tempo para fiar, ganduxar, tricotar, remendar, relatar... carne sen ósos. Historias dun tempo pasado, obxectos que son contos, cancións con aromas de países mediterráneos. En Retahilando todo lembra pero nada é exactamente. Como nun soño.
Retahilando é un espectáculo onde a risa e a gargallada están na dobrez de todo, tanto para o público adulto como para o infante. Unha actriz e un músico enredando e tirando do fío.
Posta en escea: Magdalena Labarga, Eugenia Manzanera
Intérprete: Eugenia Manzanera
Músico: Iovis Fernández
Compañía de Eugenia Manzaneda (Castilla-León)
Duración: 55 minutos
Público: +4 anos
Venda de entradas e abonos
Despacho de billetes central na Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes, só se quedan entradas dispoñibles.
Televenda: 902 044 226
12/05/2024
14/05/2024
Dende o 07/05/2024 ata o 14/05/2024
Require inscrición
14/05/2024
Dende o 07/05/2024 ata o 14/05/2024
14/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
21/05/2024
Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
21/05/2024
Dende o 14/05/2024 ata o 21/05/2024
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible