Dúas pezas de danza contemporánea de Jesús Rubio Gamo
Para público en xeral
01/12/2018
Xa rematou
20.30 h
55 + 15 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas -25%)
Ahora que no somos demasiado viejos todavía é un solo feito de danza e escritura sobre a miña situación actual. Sobre Madrid, a xente que teño ao redor, os seus desexos e expectativas, e sobre todos eses paraísos perdidos nos que unha vez cremos e aos que aínda lles seguimos bailando.
Intérpretes: Jesús Rubio Gamo
Bolero é unha peza sobre a obstinación, sobre o límite entre o lixeiro e o grave, sobre o tránsito entre o pracer e o esgotamento. Tamén podería dicir que é un baile sobre o paso do tempo, as relacións que duran "toda unha vida" e as imaxes que lembro dos meus pais cando eran novos. Ten algo de paisaxe actual que percibo na cidade de Madrid e é, desde logo, algo parecido á melodía do Bolero de Ravel, ao amor, ás coplas e a outros boleros: unha cousa que, de tanto usala, case sempre acaba por romper.
Intérpretes: Clara Pampyn e Alberto Alonso
Coreografía: Jesús Rubio Gamo
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
12/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible