Encontro aberto á cidadanía
Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral
13/03/2018
Xa rematou
Ás 19.30 h
Gratuíto
xuventude@coruna.es
A Concellería de Participación e Innovación Democrática convoca unha reunión aberta a colectivos de mocidade e a cidadanía para informar do proceso participativo no que se deseñará tanto o modelo de xestión como o de usos das Naves do Metrosidero.
A xuntanza está prevista para o próximo martes, 13 de marzo, ás 19.30 horas no centro cívico da Cidade Vella. Un dos obxectivos do encontro é constituir un grupo estable que de continuidade ao proceso colectivo de deseño do proxecto, que se levará a cabo entre técnicos municipais, entidades, colectivos informais, organizacións e persoas interesadas.
O Concello da Coruña presentou o pasado mesde xaneiro a proposta municipal para o espazo, unha nova infraestrutura de barrio e de cidade, pero tamén de carácter metropolitano, que estará destinada á mocidade, así como o marco no que se deberá definir o proxecto, xa que debe atender ao interese xeral, ser inclusivo ou cumprir coa normativa vixente e ser administrativamente e económicamente viable, entre outros. Para que este proceso sexa aberto e participativo están previstas reunións mensuais, nas que os e as técnicos municipais traballarán coa cidadanía e persoas que poidan achegar a súa experiencia, información e coñecemento en experiencias de co-xestión e autoxestión. O proceso concluirá cun documento que recolla a proposta de usos e o plan de xestión do edificio.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible