10 de xaneiro de 2020
Inaugurarase o venres 17 de xaneiro coa presentación animada de Juan Gris e unha visita abreviada para o profesorado e o público en xeral
A exposición "Converxencias: Arte e ciencia" desenvolverase no Centro Ágora do venres 17 ao venres 24 de xaneiro.
Juan Gris será o encargado de realizar unha presentación animada, o venres 17 de xaneiro. As visitas e talleres para os centros educativos realizaranse do luns 20 ao venres 24, en horario de 9.00 a 11.00 h, de 10.45 a 12.45 h e de 12.30 a 14.30 h.
En canto á parte expositiva, estará aberta ao público en xeral, desde o sábado 18 ao xoves 23 de xaneiro, en horario de 15.00 a 21.00 h.
Difusión da ciencia e a cultura científica
A exposición "Converxencias: Arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.
18 de xaneiro de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible