11 de abril de 2024
De 11.00 a 21.00 horas, a cidadanía poderá visitar 35 talleres de artistas da cidade
Este sábado celébrase unha nova edición de Estudios Abertos, que contará coa participación de 35 artistas da cidade de diferentes modalidades artísticas. A xornada contará con ata 14 actividades paralelas e outras sorpresas nos diferentes espazos da cidade onde se desenvolverá.
O Goberno de Inés Rey amosa o seu apoio ao sector cultural e artístico mediante a organización deste evento aberto a toda a cidadanía. Os estudios participantes estarán abertos, con entrada de balde, de 11.00 a 21.00 horas.
O Concello da Coruña organiza un ano máis a xornada de portas abertas Estudios Abertos, na que participarán profesionais das diferentes modalidades artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica ou multidisciplinar. Os estudios contarán con programación propia durante toda a xornada, que incluirá a participación de artistas convidados e outras sorpresas.
O obxectivo desta xornada é coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionais radicados na cidade e que desenvolven o seu traballo nela.
Actividades paralelas
Pintura para nenos de 14.00 a 16.00 horas.
Visitas guiadas durante a xornada, obradoiro para nenos (12.00 - 13.30 horas) e peche coa performance de Willy Eter: conversas entre artes plásticas e teatro.
Visita guiada infantil polo estudio con percorrido a través das distintas fases da creación artística: dende a concepción da idea, pasando polo proceso pictórico ata o resultado final. Ás 11.00 horas.
De 13.00 a 18.00 horas. Hika: Pequenas viñetas, obradoiro rápido sobre crear unha viñeta autoconclusiva, nocións básicas de composición e guión, xerar nunha soa folla unha viñeta autoconclusiva utilizando a linguaxe de cómic como medio de expresión. Cris Alborjart: Obradoiro de deseño de personaxes de lendas galegas.
Obradoiro de iniciación á Cyanotype. Horario de mañá de 12.30 a 13.30 e de tarde de 18.00 a 19.30 horas.
Debuxo en directo no cristal da galería a cargo de María Salgado.
Obradoiro de gravado político con Linóleo
Durante todo o día soará música de fondo cun tocadiscos.
Obradoiro de colaxe de 12.00 a 13.00 horas. Actuación de baile e música de 18.00 19.00 horas con Amparo Martínez (bailarina) e Ber Martínez e Fito Ares (músicos)
Recital poético a cargo de Eugenia San Martín (cantante e compositora) e Patricia Fernández (poeta). Ás 19.00 horas.
Elaboración dun mural colectivo enfocado á rapazada durante todo o día.
Visita guiada de mañá e tarde o día do evento
Demo de pintura en espazos de realidade virtual e a presentación dun vídeo interactivo.
Obradoiro durante varias horas continuas de reciclaxe de vidro, pintado de botellas, frascos, placas de vidro, restauración de vidro...
20 de maio de 2024
6 de maio de 2024
25 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible