9 de xaneiro de 2023
As sesións comezarán o vindeiro xoves 19 de xaneiro. As presenciais terán lugar no Centro de Información á Muller (CIM)
Xa está aberta a inscrición para as actividades programadas este ano na Escola de Benestar e Apoderamento, unha iniciativa da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá que ten como obxectivo favorecer o apoderamento tanto individual como colectivo das mulleres para contribuir á transformación social. As actividades comezarán a partir do 19 de xaneiro.
Trátase dun recurso dirixido principalmente a mulleres e adolescentes do concello e configúrase como un espazo de encontro, intercambio e formación onde darlle voz e lugar ao pensamento, ás experiencias e vivencias que teñen como protagonistas ás mulleres. Conta cun programa de obradoiros formativos presenciais e conversas en liña dirixidos á promoción do autocoidado, á creación de redes, á reflexión colectiva da nosa realidade e ao intercambio de ferramentas para cambiala, dando pasos cara unha sociedade máis xusta.
Os obradoiros e conversas abranguen diferentes eixes temáticos co fin de contar cunha oferta formativa multidisciplinar:
Ademais, está programado un ciclo en liña que baixo a denominación "Conversas con mulleres que apoderan" abordará temáticas relativas ás mulleres nas artes escénicas, o ecofeminismo, e o deporte desde a perspectiva de xénero e a discapacidade.
As sesións están abertas a mulleres de todas as idades que poden acudir acompañadas das súas fillas a partir de 12 anos. Os talleres presenciais ofreceranse no Centro de Información á Muller (CIM).
Todas as actividades son de balde e teñen límite de prazas. Poden realizarse as inscricións a través do formulario na web da Escola de Benestar e Apoderamento .
O prazo de inscrición para cada actividade, con carácter xeral, pecharase 8 días antes do seu comezo. As prazas asignaranse por orde de inscrición ata completar a capacidade.
Programación da Escola de Benestar e Apoderamento 2023 (3 MB)
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible