31 de xaneiro de 2018
Na noticia podes consultar as datas das festas e talleres de Entroido que se realizarán nos centros cívicos
Nos centros cívicos da cidade realizaranse festas con animación musical e talleres de Entroido.
Festas de Entroido
Para asistir ás festas é necesario retirar a invitación. No centro cívico correspondente informarante do horario da festa, así como da data a partir da cal se poden retirar as invitacións.
Todos/as os/as menores terán que estar acompañados/as durante toda a festa por unha persoa adulta responsable do/a menor.
Talleres de Entroido para menores de 4 a 10 anos
Os talleres teñen unha duración de dúas horas e son gratuítos. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición na conserxería do centro cívico correspondente a partir do 5 de febreiro.
24 de abril de 2024
24 de abril de 2024
23 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible