16 de setembro de 2019
Eva Martínez Acón, concelleira de Innovación, inaugurou hoxe a exposición fotográfica que pode visitarse ata o vindeiro 30 de setembro no Fórum
A concelleira de Innovación, Eva Martínez Acón, asistiu hoxe á inauguración no Fórum Metropolitano da exposición fotográfica "Flujos" que hoxe presentaba a súa terceira edición baixo o nome de "Infraestruturas I". Esta é xa a terceira exposición dunha serie que xa tratou os temas "Fotografías da veciñanza" e "Arquitecturas". Contén máis de 150 fotografías e máis de 150 planos, moitos destes documentos son inéditos.
O proxecto recupera a historia da barriada das Xubias, Os Castros e A Gaiteira, vertebrada pola antiga Nacional VI, unha zona que foi imprescindible para entender o desenvolvemento da Coruña durante varios séculos.
A concelleira cre na importancia de promover a recuperación histórica dos nosos barrios e que mellor xeito de facelo que a través da cultura e anima a todas as coruñesas e coruñeses a que se acheguen ao Fórum Metropolitano e desfruten desta exposición da que esperamos ver moitas máis edicións.
Eva Martínez Acón lembra a celebración da Semana da Mobilidade na Coruña, un evento que comezou hoxe e que xa está asentado na cidade e moi apegado a esta exposición, xa que durante moitos anos o groso do tráfico rodado entraba por estes barrios.
A mostra fotográfica pode visitarse no Fórum Metropolitano, de balde, desde hoxe e ata o vindeiro 30 de setembro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible